ConcellosParada de SilÚltima hora

Rescatado un sendeirista tras sufrir unha indisposición no municipio de Parada de Sil

Foto cedida.

 

Mentres realizaba a ruta do Canón do Sil- Santa Cristina, no municipio de Parada de Sil, un sendeirista alemán sufría na tarde do sábado 3 de outubro unha indisposición e tiña que ser rescatado polos servizos de emerxencia.

Tras poñerse en contacto co 112 Galicia, este daba aviso á agrupación de Protección Civil de Parada de Sil, que acudía de inmediato ao lugar para atender a emerxencia, onde un dos seus voluntarios facía de intérprete coa persoa, que só falaba alemán.

Pero ante a imposibilidade de poder trasladado, dado o elevado peso do sendeirista, a agrupación tivo que avisar e agardar a que chegara o GES de Maceda, para asegurar dese xeito un traslado seguro, que se realizaba finalmente sobre as noite da noite. A persoa rescatada era levada ao Centro de Saúde de Castro Caldelas para recibir atención sanitaria.

 

Back to top button