OurenseÚltima horaVídeos

Participación valdeorresa na III Carreira Solidaria da Garda Civil de Ourense

 

Multitudinaria terceira edición da “Carreira Solidaria da Garda Civil de Ourense, Pilar 2026”, que se celebraba na mañá deste domingo 4 de outubro. Esta proba, que contaba con tres categorías diferentes, ten como obxectivo recadar fondos para ASPANAS, asociación de familiares de persoas con discapacidade intelectual de Ourense.

O punto de partida da carreira e tamén a meta era novamente a Praza Maior da cidade de Ourense. A proba absoluta tiña lugar ás 11.00 horas e recorría un trazado de 6.350 metros polas principais rúas de Ourense. Os máis pequenos tamén tiñan o seu espazo. Así, os corredores de entre 7 e 12 anos disputábanse unha carreira de 1.000 metros ás 12.30 horas. Ademais había unha competición en categoría pitufos, para participantes de 0 a 6 anos. Comezaba ás 12.45 horas e seu percorrido simbólico era de 100 metros.

 

 

Entre os numerosos participantes desta edición, uns 1280, non faltaba a presenza valdeorresa. Así acudía o veterano atleta Paco Bao e Martín Cazorla. No caso de Bao, do Club Adas Cupa do Barco, esta era a súa carreira número 850.

Na categoría absoluta o ganador desta edición da carreira era Marcos Oro (Atletismo Arenteiro), cunha marca de 00:19:43. En segunda posición entraba Daniel Rodríguez Silva e na terceira situábase Alejandro Montero (SD Compostela). En categoría feminina absoluta impoñíase Miriam Sarmiento (00:24:35) do Corredores do Miño, Purificación Anegas era segunda e Marta Solla (Corredores do Miño), terceira.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Back to top button