
Na tarde deste domingo 4 de outubro producíase unha colisión entre un coche e unha moto na que falecía unha persoa e tres resultaban feridas, tal como indican dende o 112 Galicia que era coñecedor do accidente arredor das 17:15 horas.
“O alertador indicaba que se producira unha colisión entre un turismo e unha moto na rúa de Ponte Sevilla, explicando que o motorista semellaba estar grave”, aseguran dende o CIAE 112 Galicia que compartía os datos co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e coa Garda Civil, que acudiron ata o punto.
“Unha vez alí, só puideron confirmar o falecemento do motorista. Ademais, foi preciso atender a outras tres persoas que resultaron feridas no accidente”, conclúen dende o 112.
