OurenseÚltima hora

Novas melloras en camiños rurais no concello de Parada de Sil

 

O Concello de Parada de Sil poñía en macha obras en dúas pistas de acceso a aldeas e fincas “que fai tempo se intentaron encaixar nalgún programa. Estase a mellorar a pista que leva a localidade de Portela que, ademais de facilitar o acceso aos veciños, facilita o acceso a soutos de castiñeiros. Esta obra de mellora de asfaltado e limpeza de cunetas ten unha extensión e un quilómetro e que remata no día de hoxe”, tal e como se indica dende o goberno municipal.

Por outra banda, na zona da Ribeira estase a mellorar o acceso á aldea de San Lourenzo que ademais é a entrada a viñedos e para os visitantes que van a necrópole de San Vítor de Barxacova, que cada vez ten máis visitas. Esta obra  empezouse a facer no día de hoxe.

As dúas obras, segundo informa o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez encaixan no Plan de Mellora de Camiños Rurais 26-27  e contan cun importe de  62.707,04 euros dos que o Concello consigna de fondos propios  10.883 euros, e pese a que o plan é bianual, o Concello executará todo nese mes.

Fotos cedidas.

 

Back to top button