ConcellosO BarcoÚltima hora

Nova mesa de madeira para o Paseo do Malecón do Barco

 

O alumnado do obradoiro dual de emprego “Valdeorras Embelece V”, colocaba neste luns día 5 de outubro, unha mesa de madeira con asento dispoñible por todos os seus lados, para facilitar as partidas de cartas que se xogan  no Paseo do Malecón do Barco, segundo vén de informar o Concello.

A mesa está situada na zona á beira da ponte sobre o río Cigüeño. As demais mesas, que dispoñen de banco só por dúas caras da mesa, están sendo tamén reparadas polos operarios do obradoiro, procedendo ao seu repintado e revisión de posibles elementos danados.

Un total de 20 persoas dos concellos de O Barco, A Rúa, Petín e Vilamartín de Valdeorras, participan no obradoiro.

Fotos cedidas polo Concello do Barco.

 

 

Back to top button