En portadaÚltima hora

A MBG-CSIC investiga os factores relacionados coa severidade dos incendios ocorridos en Galicia no 2025

Superficie afectada polo incendio que arrasaba Valdeorras no 2025./ Foto: A.R.

 

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), pon o foco en modelar os factores meteorolóxicos que modulan o nivel de severidade do lume na vexetación e solo dos incendios forestais ocorridos en Galicia en 2017, 2020, 2022 e 2025 a través de dous estudos, cuxos resultados se publican revistas de alto impacto.

“A severidade do lume é unha indicador clave para entender os impactos ecolóxicos posteriores ao incendio. Aínda que estudos previos demostraron que as condicións meteorológicas propicias para o lume poden influír fortemente na severidade do lume, a influencia directa das variables meteorológicas na severidade aún non se explorou suficientemente”, explican desde a MBG.

Por unha banda, analizábase como as condicións meteorolóxicas inflúen na severidade dos incendios forestais, do que se dá conta no artigo “Modelling the influence of meteorological drivers on spectral fire severity: a case study in NW Spain”, publicado en “Agricultural and Forest Meteorology”.

O estudo cuantifica a influencia das variables meteorolóxicas na severidade do lume na vexetación e o solo medida a través de índices espectrais. Para iso, combínanse observacións de campo, imaxes do satélite Sentinel-2 e modelos preditivos para avaliar os danos provocados polo lume tanto na vexetación como no solo.

“Analizamos 18 incendios ocorridos en 2017, 2020 e 2022 (17 en Galicia e un en Zamora), utilizando a base de datos de parcelas campo de Hydrosoil que comprende medicións realizadas en 118 parcelas e imaxes do satélite Sentinel-2. Combinamos estas observacións con datos de temperatura, humidade, vento, precipitacións, humidade do solo e radiación solar ademais de índices de perigo de incendios, e aplicamos modelos estadísticos e de aprendizaxe automático”, explica Ana Novo (MBG), primeira autora do estudo.

Os indicadores obtidos mediante imaxes de satélite foron contrastados cos datos das parcelas campo. O índice de vexetación de diferenza normalizada baseado na banda azul ofreceu resultados especialmente consistentes para detectar os danos causados polo lume tanto na vexetación como no solo. Pola súa banda, a diferenza do índice normalizado de área queimada, unha das medidas máis utilizadas para estudar os incendios desde o espazo, mostrou o seu mellor resultado ao avaliar os danos na vexetación das zonas arboradas.

Os resultados mostran que a severidade do lume en solo e vexetación non depende dunha soa variable, senón da interacción entre a humidade atmosférica, o Índice de Propagación Inicial, o déficit de presión de vapor, a humidade superficial do solo e a radiación solar.

“Consideramos que estes resultados poden contribuír ao desenvolvemento de mellores ferramentas de alerta, evaluación de impactos e xestión post-incendio. A vexetación e a topografía tamén condicionan a severidade e deberán incorporarse a futuros modelos”, avanzan os autores.

Por outra banda, noutro estudo, analizáronse que factores ambientais determinan a severidade dos incendios forestais a través do estudo de 15 grandes incendios ocorridos en Galicia entre o 8 e o 25 de agosto de 2025 diferenciando entre a severidade da vegetación e a severidade do chan. Dos resultados dáse conta no artigo “A multi-scale analysis of vegetation and soil burn severity drivers during the 2025 wildfire season in NW Spain”, publicado en GisScience & Remote Sensing.

O obxectivo principal era investigar a contribución relativa dos factores relacionados coa vexetación, o clima, a topografía e o área queimada en incendios precedentes á severidade da queima de vexetación e solo en incendios forestais ocorridos en 2025 no noroeste de España, baixo condiciones climáticas extremas cada vez más representativas dos futuros rexímenes de incendios.

“Centrámonos en avaliar a importancia relativa do clima e as condicións meteorolóxicas, a vegetación, topografía e o área queimada en incendios anteriores, prestando especial atención a cómo cambia a súa influencia segundo a escala de análise entre incendios e dentro de cada incendio a nivel de píxel. Para iso, combinamos como fontes de información imáxenes Sentinel-2, condicións da vexetación antes do incendio, variables topográficas, variables meteorolóxicas, índices de perigo de incendios, área queimada previamentee historial de incendios, e desenvolvemos dous modelos de Random Forest a dúas escalas”, explica Ana Novo (MBG), primeira autora do estudo, quen añade que “partíamos da hipótese de que a severidade dun incendio non está controlada por un único factor nin actúa igual a todas as escalas”.

“Os resultados revelaron que a severidade de vexetación e do solo variou considerablemente entre os 15 incendios. A escala de incendio, a severidade de vexetación estivo principalmente relacionada coa seca durante a semana anterior ao incendio, a humidade dos combustibles finos mortos e a superficie previamente queimada. Pola súa banda, a severidade do solo estivo dominada principalmente polas condicións meteorolóxicas cando comenzou o incendio. Iso mostra que as condicións meteorolóxicas e a área queimada en incendios anteriore explican unha parte importante, aínda que non toda, das diferenzas de severidade entre incendios”, indican desde o equipo de investigación, que añaden que “a escala píxel, os factores máis importantes foron o tipo de vexetación e as condicións de vexetación antes do incendio, xunto con variables topográficas como pendente e orientación”.

O estudo céntrase nunha única tempada de incendios forestais caracterizada por condicións excepcionalmente extremas. Por conseguinte, a importancia relativa dos factores determinantes da severidade dos incendios identificados aquí podería variar en tempadas de incendios menos extremas ou en anos con condicións climáticas contrastantes. Futuros estudos que inclúan varios anos e abarquen un rango máis amplo de condicións climáticas axudarían a avaliar a estabilidade temporal destas relacións e a determinar se os principais factores determinantes da severidade dos incendios forestais varían segundo condicións climáticas.

“En todo caso, consideramos que estes datos contribuirán a mellorar a evaluación post- incendio. Diferenciar entre severidade de vegetación e de chan permite detectar zonas onde existe un risco especialmente elevado de degradación do chan, escorrentía, erosión e transporte de sedimentos, axudando a priorizar tratamentos de estabilización, control de erosión e restauración”, conclúen desde o equipo de investigación.

Os estudos desenvólvense no marco dos proxectos de investigación “ENFIRES- NW”, financiado pola Axencia Estatal de Investigación, e “MULCHAR”, financiado pola Axencia Galega de Innovación.

Back to top button