A RúaConcellosÚltima hora

As entradas para a XX Festa do Magosto da Rúa Vella estarán á venda ata o xoves 22 de outubro

A cita gastronómica será o sábado 24 ás 20:30 horas, na praza do Arroio ou no Atrio en caso de chuvia

Membros da Asociación Sabugueiro no magosto do ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Co outono chega o tempo de castañas e un ano máis máis a Asociación Sabugueiro prepara a súa particular Festa do Magosto, unha cita destacada na Rúa Vella prevista para o sábado 24 de outubro a partir das 20:30 horas na praza do Arroio, aínda que se chove farase no Atrio da Igrexa de Santo Estevo.

O prezo da entrada sobe ata aos 9 euros, cun menú que constará de chouripan, bica, bullotes asados, auga e viño. Coma sempre haberá sorteo de lotes de produtos donados polos colaboradores. Os puntos de venda (último día o xoves 22) son Tenda O Colmado e Esconditte Inglés.

 

Back to top button