
A Garda Civil de Viana do Bolo procedía á detención dun home de 31 anos de idade e á de outro de 32 anos de idade como presuntos autores dun delito contra a saúde pública-tráfico de drogas, despois de ser interceptados cando circulaban nun vehículo á altura do km 9.5 da estrada OU-533, no termo municipal de Viana do Bolo. Portaban substancias estupefacientes (33 gramos de MDMA, 28 gramos de haxix, 76 pastillas de MDMA, 4 gramos de pole de haxix, 196 gramos de cocaína).
