
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible iniciaba na mañá deste luns 5 de outubro as obras de emerxencia para reparar os taludes da estrada N-120 ao seu paso polo municipio de Quiroga. Os traballos, motivados polos danos e desprendementos que causaron as borrascas no principio do ano, contan cun investimento de 569.884,28 euros.
Os labores consistirán no saneo da parte superior dun talude, a retirada de toda a masa de roca mobilizada e dos materiais acumulados ao pe do desmonte. Posteriormente, instalarase unha pantalla dinámica de alta enerxía para protexer o talude fronte a novos desprendementos. As actuacións prolongáranse, previsiblemente, ata o venres 4 de decembro de 2026, aínda que podería verse alterada polas condicións meteorolóxicas adversas.
Debido á envergadura dos traballos, e co fin de garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, a circulación pola N-120 verase afectada con cortes de tráfico e desvíos provisionais. Durante os dous meses que duren as obras, o paso de vehículos redirixirase de forma alternativa a través da estrada LU-933 ao seu paso por Espandariz.

Estes desvíos terán dúas fases, na primeira fase o corte da N-120 entre los quilómetros 490,5 y 493,5, será total polo que todos os vehículos desviaranse por Espandariz. Na segunda fase abrirase un carril da N-120 e desviaranse os vehículos que circulen en dirección a Ponferrada por Espandariz.
Fotos: RTM Quiroga.
