DeportesÚltima hora

O Concello do Castro Caldelas pon en marcha a actividade ioga en cadeira

 

Nesta semana comezaban no Concello do Castro Caldelas as clases de ioga en cadeira para homes e mulleres. Esta práctica adapta as posturas tradicionais do ioga a unha cadeira estable, o que permite recibir os beneficios deste exercicio de forma segura e sen risco de caídas.

Os beneficios principais son menos dor articular, maior equilibrio e forza, máis flexibilidade e mobilidade, redución da ansiedade e maior benestar mental e mellor circulación. “Esta alternativa de ioga en cadeira é ideal para a terceira idade e outras persoas con dificultade porque é un exercicio que respecta os límites de cada corpo”, sinala a alcaldesa do Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

As clases impartiranse todos os luns de 16’30 a 17’30 h. no Local dos Pilos. E de 17’30 a 18’30 h. hatha ioga tradicional no mesmo Multiusos.

Fotos cedidas.

 

Back to top button