O director de Turismo de Galicia, Xosé M. Merelles, mantivo unha reunión de coordinación con representantes dos destinos Starlight de Galicia, entre os que está Trevinca, para abordar as oportunidades que ofrece o astroturismo e avanzar na súa promoción. O encontro, celebrado na Axencia de Turismo de Galicia, permitiu tamén facer balance do traballo realizado con motivo da eclipse do 12 de agosto de 2026.
Durante a xuntanza, analizaron o traballo desenvolvido arredor deste fenómeno astronómico, así como as novas oportunidades que se abren a partir da oferta vinculada ao astroturismo nos distintos territorios. Neste contexto, puxéronse en común as experiencias e necesidades dos destinos e abordáronse diferentes propostas para continuar avanzando na promoción desta actividade turística.
O encontro enmárcase na colaboración que Turismo de Galicia mantén cos destinos Starlight para poñer en valor os seus recursos naturais e paisaxísticos e aproveitar o potencial do astroturismo como elemento de diversificación da oferta. A reunión permitiu así compartir as prioridades dos diferentes destinos e establecer liñas de traballo para seguir desenvolvendo o astroturismo en Galicia, aproveitando o interese que xeran os fenómenos astronómicos e a singularidade dos espazos recoñecidos como destinos Starlight.