ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico na N-120 á altura da Proba (O Barco de Valdeorras)

 

Na tarde deste venres 9 de outubro producíase un accidente de tráfico na N-120, ao seu paso pola localidade barquense da Proba, no que se vían implicados dous vehículos.

O choque producíase pasadas as 15 horas e ata o lugar dos feitos desprazábase a Garda Civil de Tráfico que sinalaba o punto con conos aínda que non se interrompía o tráfico.

Noutro punto da N-120, en Nogueira de Ramuín, producíase outro accidente, polo atropelo dun animal, tal como indican dende o 112 Galicia.

Back to top button