Con moi bos resultados vén de estrear o Club Natación Valdeorras a nova tempada da liga Galega Máster, cuxa primeira xornada se celebraba en Ponteareas. Ata alá se desprazaban 14 nadadores deste club. “A verdade é que o arranque da competición non puido ser mellor. As sensacións xerais do equipo foron estupendas. Practicamente todos os nadadores lograron mellorar as súas marcas persoais, o cal ten un mérito especial tendo en conta que a gran maioría enfrontouse a unha proba bastante esixente como son os 400 metros libres”, explica o adestrador deste equipo valdeorrés, Jorge Espinosa.
Ademais, o técnico indica que os nadadores empazaban “a tempada con moita enerxía e con ganas de seguir traballando”.
Fotos e vídeos: Club Natación Valdeorras.
