ConcellosRibas de SilÚltima hora

O Concello de Ribas de Sil suspende as festas patronais en sinal de respecto polas vítimas de Toledo

Cedida.

 

O Concello de Ribas de Sil súmase ao loito oficial decretado polo Goberno de España para os días 29, 30 e 31 de outubro, con motivo do tráxico accidente ferroviario ocorrido en Urda (Toledo).

“En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondearán a media asta. Como consecuencia desta declaración de loito oficial, quedan suspendidas as Festas Patronais de San Clodio 2026, así como todas as actividades festivas e culturais previstas durante estes días. Mantense unicamente a celebración litúrxica en conemoración do Patrón de San Clodio, coa misa prevista para as 12:00 horas”, tal e como vén de informar o Concello.

O alcalde e toda a Corporación Municipal de Ribas de Sil expresan o seu “máis profundo pesar e trasladan as súas sinceiras condolencias ás familias e persoas achegadas das vítimas, así como os seus desexos dunha pronta e completa recuperación para todas as persoas feridas. Ribas de Sil únese á dor das familias e de toda a sociedade nestes momentos de tristeza”.

Back to top button