
O Concello sumouse á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e gardou un minuto de silencio na tarde do mércores día 28 de outubro ás 20 en memoria das vítimas da traxedia de Toledo.
O acto desenvolveuse na escalinata da Igrexa Santa María Nai, xunto á Casa do Concello, e contou coa participación do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e de representantes de todos os grupos políticos municipais, autoridades provinciais, autonómicas e nacionais, acompañados de cidadáns e asociacións sociais e veciñais.
Con este xesto, a cidade de Ourense expresa o seu pesar polo sucedido e traslada a súa solidariedade e apoio ás familias e ás persoas achegadas ás vítimas.