OurenseÚltima hora

Minuto de silencio polo accidente de Urda na Subdelegación do Goberno en Ourense

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presidía esta mañá un minuto de silencio ante a Subdelegación en sinal de loito e respecto polas vítimas do accidente ferroviario acontecido en Urda (Toledo).

No acto participaron empregados e empregadas da Administración Xeral do Estado (AGE) en Ourense, membros das Forzas e Corpos de Seguridade e representantes doutras Administracións e institucións.

O subdelegado trasladou as súas condolencias aos familiares das vítimas e desexou a pronta recuperación de todos os feridos. Tamén agradeceu o traballo que realizan os efectivos sanitarios e de emerxencias, a Garda Civil, a UME e todas as persoas implicadas no dispositivo.

Back to top button