
Con motivo da declaración de loito oficial durante os días 29, 30 e 31 de outubro, o Concello do Barco decidiu adiar a celebración do Samaín ao domingo día 1 de novembro, na Biblioteca Municipal.
As actividades levaranse a cabo no seguinte horario:
- 11 horas: Obradoiros de pintacaras, tatuaxes e creación de
amuletos de Samaín. - 13 horas: Contacontos: “Unha verdadeira Bruxa”.
Realizarase un sorteo de libros entre os asistentes a estas actividades.