OurenseÚltima hora

Dispositivo especial de tráfico e seguridade en Ourense para ‘Halloween’ o día 31 de outubro

 

O Concello de Ourense despregará un plan especial de seguridade e mobilidade para a celebración das actividades do Halloween na cidade o día 31 de outubro.

Co fin de garantir a seguridade dos asistentes e o correcto desenvolvemento dos desfiles e do montaxe dos eventos, a Policía Local levará a cabo os seguintes cortes de tráfico e desvíos:

• Rúa do Paseo (a partir das 15:30h.): Restrinxirase totalmente a circulación de vehículos debido á chegada e concentración progresiva dos participantes no gran desfile.

• Corte na Rúa do Progreso (a partir das 17h.):

En dirección ao centro da cidade, o tráfico quedará cortado nas proximidades do acceso á Praza de Abastos. Haberá un desvío obrigatorio cara á Praza de Abastos, continuando o percorrido de regreso pola Rúa Parada Justel.

En dirección ao Xardín do Posío, a vía permanecerá pechada á altura de Alférez Provisional.
• Corte da subida pola Rúa Parada Justel (ás 21:30h.): A partir desta hora, a subida pola Rúa Parada Justel quedará totalmente pechada, completando así o peche perimetral do centro da cidade para a parte nocturna das festividades.

O Concello solicita a máxima colaboración da cidadanía, pedindo que se extremen as precaucións e se planifiquen os desprazamentos con antelación; recoméndase o uso do transporte público ou a utilización de rutas alternativas durante toda a tarde e a noite.

Back to top button