CulturaCulturaÚltima hora

O grupo Catro Gatos leva a obra “Encrobas” á XIX Mostra de Teatro Amador do Carballiño

Inicio Coro./ Fotos cedidas.

 

Continúan as representación enmarcadas na XIX Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” que se celebrará no Carballiño.

A seguinte será o domingo 1 de novemebro ás oito da tarde no Auditorio Manuel María a cargo do grupo Catro Gatos (Bergondo) cunha peza de teatro documental e de creación colectiva que revive un episodio clave da loita social en Galicia: a resistencia labrega no val das Encrobas durante os anos 70 fronte á expropiación forzosa das súas terras por parte do estado franquista e da empresa FENOSA.

A obra mestura testemuños reais, ficción especulativa e recursos audiovisuais para ofrecer unha proposta escénica dinámica, emotiva e con forte carga política. A través do humor, e emoción e a memorias colectiva, Encrobas conecta pasado e presente, facendo reflexionar sobre o impacto do progreso, a loita polo territorio, a forza do colectivo e a vixencia destes conflitos na actualidade.

 

Back to top button