Chegou o día. Na xornada deste sábado 31 de outubro, o CCA O Barco celebra o seu particular Samaín con diferentes actividades.
Pola mañá, na praza do Concllo hai un obradoiro creativo guiado por Artesanía Cousanosa, no que os cativos elaboran as súas propias figuras. Os que o desexan tamén poden facerse as súas propias tatuaxes e facerse unha foto no Fhotocall instalado para a ocasión.
Pola tarde, tamén haberá un obradoiro infantil guiado nesta ocasión por O Mundo de Popitas, ademáis de chapas de Samaín hot dogs e pipocas e música, antes do Tunel do terror preparado no pavillón vello para as 19 horas.


Fotos: Mónica G. Bellver.