CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Un percorrido pola vida e obra de Xosé de Valbuxán, Yosso, dende O Bolo ata a súa aldea natal

 

Na mañá deste soleado e especialmente caluroso sábado 31 de outubro, unas 25 persoas participaban na andaina lúdico-cultural “Yosso e o seu Valbuxán”, unha nova actividade gratuíta promovida polo Concello do Bolo para coñecer un pouco máis a figura do artista bolés Xosé de Valbuxán, Yosso, e os lugares que lle serviron de inspiración para moitos dos seus cadros.

 

 

O punto de partida era o Museo de Yosso, no Bolo, onde desfrutaban das obras do polivalente artista ao tempo que escoitaban as explicacións da guía e un poema recitado por unha das irmás de Yosoo, Marina. Dende alí partía a andaina ata a aldea natal do pintor e escritor, coñecendo a historia do Bolo, do museo e da vida do artista e dos lugares nos que se inspirou para pintar algúns dos seus cadros. En Valbuxán na parede da casa do irmán de Yosso hai unha placa na súa memoria de parte de Nicanor e Marisa.

 

 

A actividade remataba tras a ruta circular duns 7 quilómetros no mesmo punto de partida. Todos os asistentes recibían un libro de Yosso como agasallo.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL.

Back to top button