ConcellosÚltima hora

Incendio nun cuarto piso dun edificio dunha céntrica rúa da vila do Barco

 

Contra as tres da tarde deste sábado 31 de outubro producíase un incendio no cuarto piso dun edificio da céntrica avenida Conde Fenosa do Barco, en concreto no número 58. Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato o Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) Valdeorras, a Policía Local, a Garda Civil e os bombeiros do parque comarcal.

Os veciños deste edificio desaloxaban o inmoble ante esta situación. Segundo as primeiras informacións, non hai danos persoais e a orixe do lume podería deberse a un descoido.

 

 

Dase a circunstancia que a este mesmo edificio, hai apenas unhas semanas, á noite do 10 de outubro, acudían tamén os servizos de emerxencia debido a unha fuga de gas.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button