CulturaCulturaÚltima hora

A pintora valdeorresa Lola Doporto doa un retrato de Castelao á Fundación Otero Pedrayo

Xa en setembro esta creadora, natural de Millarouso (O Barco), doaba outra pintura súa: un retrato de Otero Pedrayo

 

A Casa Museo Otero Pedrayo, situada en Trasalba, era escenario este sábado 31 de outubro do acto de doazón da artista valdeorresa Lola Doporto dun cadro seu de Castelao á Fundación Otero Pedrayo para que “os irmás permanezan xuntos”, xa que o pasado mes de setembro entregou un cadro de Otero Pedrayo. A obra de Otero foi donada durante a presentación da revista cultural “Nós, a Xente do Redor”, que a empregou na portada.

 

 

A pintora, natural de MIllarouseo (O Barco), dáballe a obra de Castelao ao presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, arroupada pola súa familia e amigos, e coa presenza do presidente de Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices.

Fotos cedidas.

 

Back to top button