ConcellosLaroucoÚltima hora

Ferida unha persoa tras caer dunha bicicleta en Larouco

Arredor das 10:15 horas da mañá deste domingo 1 de novembro, unha persoa sufría unha caída da bicicleta, en Laouco , resultando ferida.

Tal como indican dende o 112 Galicia, era o propio accidentado quen chamaba para informar de que tiña feridas, tras caer nunha fochanca da estrada na rúa Otero Pedrayo. Foron informados a 061, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Larouco.

A persoa era trasladada para recibir atención sanitaria.

Back to top button