As localidades barquenses de Veigamuíños e A Proba eran algunhas das que celebraban os actos deste 1 denovembro, Día de Todos os Santos, pola mañá. Así, os seus veciños dábase cita no cemiterio ás 12:30h. para asistir aos cultos ao carón das sepulturas, oficiados polo párroco, Jesús Álvarez Álvarez.
Na súa intervención o sacerdote pedía polos defuntos cunha referencia especial ás persoas falecidas no último ano, cuxos nomes mencionaba un por un. Tamén tiña unha lembranza especial para as vítimas do accidente ferroviario de Urda (Toledo).
Fotos: O SIL.
