
Na sesión plenaria extraordinaria celebrada pola Corporación do Barco ás 10h. deste 2 de novembro procedíase ao sorteo dos membros das mesas electorais das vindeiras eleccións xerais do 29 de novembro. En total O Barco terá 18 mesas electorais nestes comicios (as mesmas que nos anteriores), situadas no Teatro Lauro Olmo (2), na Casa do Concello (2), Cerámica (1) na gardería municipal (1), na escola de Éntoma (1), na escola de Vilanova (1), na escola de Veigamuíños (1), no CEIP Julio Gurriarán (3), na Casa do Río Cigüeño (2), na Biblioteca municipal (2), no Concello doe no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (2).
No sorteo saían os nomes dos tres membros da mesa (presidente, primeiro vogal e segundo vogal), máis os dos suplentes para cada un deses postos, por se fose necesario, poder substituír a esas persoas.