
O Concello de Viana do Bolo presenta a programación cultural e de lecer “para este mes de novembro, con propostas para compartir, gozar da cultura e seguir dinamizando a vida social do noso municipio”. Entre as propostas figuran o magosto popular, previsto para o 7 de nofvembro.
Ademais o 21 de novembro terá lugar o XXVI Festival de Santa Icía-Coral Candea de Viana do Bolo (organizada pola Coral Candea) e o 24 de novembro presentarase “A Teteira de Kabul”, unha actividade enmarcada na programación con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres dirixida ao público infantil. Tamén está prevista unha exposición fotográfica sobre os incendios.
“Dende o Concello convidámosvos a participar nestas actividades e a facer de novembro un mes para encontrarnos, compartir experiencias e desfrutar da cultura e do lecer en Viana”, indica esta administración local.