
Na pasada fin de semana disputábase en Piñor unha proba do Campionato de España de Enduro no que competían preto dun cento de pilotos, entre eles os barquenses Diego Teixeira, segundo en Sénior B 2t; e Jorge Paradelo, cuarto en Enduro 3.
“Eran dous días de carreira e xa tivemos que ir o venres para verificar a moto, ver as cronos e o circuíto e eu fixen segundo os dous días”, explica Diego que subía ao segundo chanzo do podio deste campionato nacional de Enduro.
Foi unha fin de semana de tempo seco e soleado, e o percorrido “moi machacón”. De feito “ao estar o terreo tan seco, en certas subidas entre as árbores facíanse unhas rodeiras moi profundas, provocando moitos incidentes (caídas, motos rotas,…) complicando bastante o circuíto”, di Teixeira.

Fotos cedidas.