OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas atopan especies invasoras durante a súa inspección do río Loña

 

Ecovixiantes de Franciscano de Ourense celebrou o Día Mundial do Aforro de Enerxía co inicio da Campaña O Río Miño empeza Aquí, continuadora do Mar empeza Aquí. Como custodios fluviais, inspeccionaron en colaboración con Adega o tramo do río Loña, preto da desenvocadura do Miño e, ao longo da inspección, tiñan un encontro inesperado. “Apareceu un visón americano, unha especie exótica invasora presente en Galicia. Ademais, tamén atopamos exemplares pequenos de cangrexo americano, outra especie invasora que pode afectar á biodiversidade dos nosos ríos”, explican dende o centro escolar ourensán, asegurando que a pesar da presenza destas especies, “os resultados da inspección indican que o río Loña presenta un bo estado xeral en Ph, turbidez, nitratos, temperatura, caudal, vecetación, microinvertebrados, invasoras…”

 

 

A zona da contorna da Comisaría de Ourense e o Barrio das Lagoas foron o lugar de recollida de preto de 2.500 cabichas. Ademais realizaron hábitos de vida saudable cun paseo e un partido de fútbol, na Casa da Mocidade.

 

 

Tamén deixaron xornais vellos en Progape para o benestar animal no Proxecto Gadoupas; e tiveron unha charla de Chan e Residuos coa aula da Natureza do Río Miño.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button