ConcellosQuirogaÚltima hora

Inícianse os obradoiros para colaborar co “Soño de Nadal” de Quiroga

 

A vila de Quiroga vivirá este decembro da man da Concellería de Turismo, un “Soño de Nadal”. Trátase dun proxecto no que por primeira vez unha boa parte dos espazos públicos da vila quiroguesa estarán decorados para desfrutar das festas de Nadal.

Este proxecto busca a colaboración de diferentes sectores da poboación que contribúan a que con este Nadal máis “luminoso” e diferenciador, Quiroga sexa un destino turístico. Entre estes sectores estaría o comercio, o CEIP de Quiroga ou o departamento da muller, impulsado polo CIM.

Precisamente o departamento da muller xa comezou coa colaboración neste proxecto. Unha ducia de mulleres traballan na elaboración de adornos cos que se decorará algunha das partes que se inclúen neste proxecto.

“Soño de Nadal” é unha experiencia inmersiva que combina natureza, narrativa, tradición e participación cidadá, onde o visitante recorra as diferentes zonas ambientadas no Nadal. Luces nas árbores, decoración nas prazas con diferente temática, … todo un recorrido que se poderá facer de día pero especialmente de noite, cando a iluminación cobre protagonismo.

O proxecto da Área de Turismo, Soño de Nadal, conta cun orzamento de 22. 627 € aportados pola Deputación Provincial de Lugo tras a firma dun convenio coa Concellería de Turismo do Concello de Quiroga no pasado mes de xullo.

Back to top button