
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación do concerto de Judith Hill que se celebrará na cidade de Ourense o vindeiro 5 de novembro no Teatro Principal e que conta co patrocinio de Turismo de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo da Xunta e a colaboración da Deputación Provincial de Ourense.
O delegado da Xunta subliñou que a través do apoio a iniciativas como esta actuación, os Concertos do Xacobeo continúan impulsando un modelo cultural descentralizado, que leva propostas de calidade a todo o territorio galego e contribúe á dinamización económica e turística das vilas e comarcas mediante a celebración de eventos singulares. Concretamente, na provincia de Ourense, neste 2026,o programa da Xunta de Galicia apoia xa preto dunha vintena de eventos, que contribúen a descentralizar a programación cultural e a levar propostas musicais de primeiro nivel a diferentes puntos do territorio.

Para Manuel Pardo o apoio de Turismo de Galicia aos Concertos do Xacobeo, é un dos eixos que se converte en motor estratéxico do turismo e a cultura para impulsar Galicia como destino destacado para vivir a música en directo. Ata o momento, máis de 30 eventos e festivais na provincia de Ourense, consolidándose o Our Fest como como unha das citas de referencia do rock alternativo en Galicia, cunha programación que combina artistas internacionais, nacionais e galegos.
O proxecto ‘O Gozo Festival’, que naceu en 2023 co apoio de Xunta de Galicia a través de la Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, segue consolidándose cun éxito rotundo de crítica e público. A programación de ‘O Gozo Festival 2026’ contou xa con importantes nomes da escena internacional, como The Kooks, Garbage, Tom Jones, Maroon 5 ou Martin Garrix, que levaron as súas diferentes propostas musicais a distintos escenarios de Galicia ao longo do ano. Coa incorporación de Judith Hill, ‘O Gozo Festival’ continúa ampliando unha programación con artistas de recoñecido prestixio internacional.

A artista
Judith Hill é unha de las artistas máis extraordinarias e carismáticas da escena soul actual, unha desas grandes voces americanas, que traballou con algunhas das figuras máis influentes de la música contemporánea: Michael Jackson, Prince, Stevie Wonder, Elton John, Eric Clapton, Rod Stewart ou Spike Le son só algúns dos que buscaron o seu talento.
Cantante, compositora, arreglista e multiinstrumentista, a súa carreira construíuse entre a excelencia artística e unha intensa experiencia vital que converteu no motor creativo dunha obra profundamente privado. Posuidora dunha voz poderosa, versátil e chea de matices, tamén foi considerada unha de las coristas máis salientables da súa xeración.