
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de San Miguel de Bidueira, quedou controlado ás 11,23 horas deste sábado 7 de novembro.
O lume iniciouse onte ás 18,44 horas e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 32 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 5 axentes, 10 brigadas e 7 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.