Neste 2026 cúmprense dez anos da oficialización do Camiño de Inverno como ruta do Camiño de Santiago. Unha data significativa que están a celebrar dende a Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camino de Santiago (FEGAC) con diferentes iniciativas.
Unha delas son as Xornadas Camiño de Inverno – X Anos (2016-2026) elaboradas arredor dun programa completo de ponencias, cultura e convivencia. Así, ao longo de dúas intensas xornadas itinerantes que percorrerá A Rúa, Monforte de Lemos, Diomondi (O Saviñao) e Lalín, autoridades, investigadores, colectivos asociativos e apaixoados do Camiño reuniranse para poñer en valor o patrimonio, a historia, a paisaxe e o futuro deste itinerario xacobeo.

O punto de partida, na mañá deste sábado 7 de novembro, tiña lugar no Centro Cultural Avenida da Rúa coa presentación oficial na que participaban o director de Turismo de Galicia, Xosé M. Merelles; do presidente de la FEGAC, Javier Gómez Vila; e dos concelleiros da Rúa, Avelino Fernández e Anabel Ares en representación do Concello ante a ausencia da alcaldesa por motivos persoais. Entre os asistentes tamén estaban os alcaldes do Barco, Aurentino Alonso e de Quiroga José Luis Rivera, entre outros.
Na súa intervención, Merelles puxo en valor o traballo desenvolvido ao longo destes anos polas asociacións, os concellos e os colectivos sociais para recuperar e impulsar o Camiño de Inverno, destacando tamén a evolución positiva desta ruta, que pasou dos 287 peregrinos rexistrados en 2016 aos 2.758 de 2025.

“No que vai de 2026, xa se contabilizaron 2.923 peregrinos, un 14% máis que no mesmo período do ano anterior. Ademais, salientou a crecente proxección internacional do itinerario, xa que o 39% dos peregrinos rexistrados este ano proceden doutros países”, dixo, incidindo no potencial do Camiño de Inverno como ferramenta de dinamización turística, económica e social dos territorios polos que transcorre. Ademais, reafirmou o “compromiso da Xunta na consolidación desta ruta, que se materializa en distintas actuacións para mellorar as infraestruturas e os servizos aos peregrinos”
De cara aos próximos anos, o director de Turismo de Galicia sinalou que o reto pasa por “seguir aumentando o coñecemento e a proxección do Camiño de Inverno, mellorar os seus servizos e converter o incremento de peregrinos en novas oportunidades para os territorios polos que discorre”, felicitando a todas as persoas e entidades que fixeron posible esta década de traballo. Tamén reiterou o apoio de Turismo de Galicia ás iniciativas destinadas a impulsar esta ruta xacobea, destacando a oportunidade que se presenta para seguir avanzando neste obxectivo coa celebración do vindeiro Xacobeo 2027.

Con todo, o acto central da xornada era a conferencia-mesa redonda sobre O Camiño de Inverno: peregrinación, esforzo e superación, conducida por Ildefonso de la Campa, director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e na que interviñan o presidente de DisCamino, Javier Pitillas (a través dun vídeo); o presidente da Asociación de Amigos Peregrinos del Camino de Santiago en Lalín Peregrinus Dezae, Daniel Antelo Fernández; e pola presidenta da Asociación de Amigos do Camino de Santiago por Valdeorras, Asunción Arias.
De la Campa remataban asegurando que para el como representante da Administración pública “é unha honra estar aquí, celebrando o décimo aniversario dunha acción moi enraigada e que é fundamentalmente froito do esforzo da sociedade civil, tanto de algúns individuos como do conxunto deste territorio que vai acompañada pola Administración, que recoñece a necesidade fundamental de apoiar e suxeitar coas nosas accións tamén o que vos, como sociedade, demandades do propio Camiño de Inverno.

A programación na Rúa remataba cunha visita ao Punto de Atención ao Peregrino da Capela de Santo Andrés, en Fontei, guiada por Laura Fernández.
Pola tarde, as actividades trasladaranse a Sober e Monforte de Lemos. Tras unha comida oficial e unha visita guiada ao Real Colexio da Nosa Señora da Antiga (Escolapios), celebraranse dúas mesas de debate no Áurea Palacio de Sober.
A primeira, ás 18:15 horas, estará dedicada “aos que fixeron posible o Camiño de Inverno: investigación, asociacionismo e memoria”. Durante este encontro renderase homenaxe a Aida Menéndez Lorenzo, impulsora histórica da ruta, coa entrega a título póstumo do diploma de Socia de Honra de la FEGAC. A las 19:45 horas comezará unha segunda mesa centrada na “Ribeira Sacra: patrimonio, paisaxe e promoción dun territorio cultural”. A xornada concluirá cun cóctel oficial a las 21 horas.

Mañá, domingo 8 de novembro, as actividades continuarán en Fión, cunha visita ao Ecomuseo e ao Castro de Arxeriz, e posteriormente en Diomondi, onde se abordará a relación entre o Camiño, a historia, a relixión e a viticultura. O programa incluirá a presentación e cata de viño Ribeira Sacra “Camino de Inverno” e unha actuación musical.
La última parte das xornadas desenvolverase en Lalín, cunha degustación de cocido, a entrega de credenciais conmemorativas e o acto de clausura, previsto para las 18 horas no Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa.





Fotos: O SIL.