Na mañá deste sábado 7 de novembro pechábase na Rúa a liga galega de orientación MTB. Un total de 53 orientadores chegados dende diferentes puntos de Galicia, dábanse cita na área recreativa do Aguillón para participar na 5º proba LGMTBO, Campionato Galego, de distancia media sobre un mapa preparado polo Club Our-O, organizador da competición en colaboración coa Federación Galega de Orientación.
Os ciclistas saían de un en un para completar o circuíto, chairo, á beira do encoro de San Martiño. A carreira conta coa colaboración do Concello da Rúa e de Iberdrola, entre outros.
Pola tarde a partir das catro será a quenda para 6ª e última proba da liga sprint 2026, na que se darán cita os mellores orientadores galegos.

Fotos: Mónica G. Bellver