CulturaCulturaÚltima hora

O pasado castrexo, a muralla romana e as orixes da Ribeira Sacra, nas II Xornadas pedagóxicas de Arqueoloxía Lucense

Desenvolveranse os días 12, 18 e 25 de novembro en horario de tarde no Vello Cárcere de Lugo

O Preguntoiro (Pantón)/Cedida.

O Vello Cárcere de Lugo acollerá os días 12, 18 e 25 de novembro a segunda edición das Xornadas pedagóxicas de Arqueoloxía Lucense, nas que se abordarán, da man de diversos expertos, os últimos achados e intervencións realizadas na provincia.

Así, o programa abrirase o 12 de novembro ás 18h. cunha sesión centrada no mundo dos castros, na que se falará sobre as campañas de escavación e posta en valor de Castromaior (Portomarín), así como as novas liñas de traballo no Castro de Viladonga.

Na segunda xornada, prevista para o 18 de novembro, porase o foco nas orixes da Ribeira Sacra, con intervencións dedicadas ao Preguntoiro (Pombeiro, Pantón), da man de Xurxo Ayán e á Cova do Cotillón (Pantón), con Sonia García.

A derradeira xornada, o 25 de novembro, estará dedicada á muralla romana de Lugo.

 

Back to top button