O Hospital Público de Valdeorra, no Barco, acollía esta mañá a presentación da novena edición da Carreira e Andaina das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín de Valdeorras, que se celebrará o vindeiro domingo 15 de novembro. O acto contaba coa presenza de dúas das tres organizadoras do evento, as valdeorresas Eva Iglesias e Patricia González, fundadoras de ACAPAVAL; e tamén coa do director do Distrito Sanitario do Barco, Alberto Pedrera.
Eva Iglesias comentaba lembrando a xénesa desta iniciativa deportiva e solidaria, que se enmarca no ámbito dunha serie de carreiras contra o cancro de páncreas a nivel estatal e mesmo internacional. Así a carreira de Vilamartín naceu en 2018 do compromiso de tres persoas que, tras perder a ser querido por un cancro de páncreas, secundaban unha iniciativa que comezara en 2015 en Alicante e Las Rozas (Madrid), para dar visibilidade á enfermidade e recadar fondos para investigación.
Este proxecto pronto lograba o apoio colectivo de toda Valdeorras. A colaboración da veciñanza, o comercio local, as empresas e as institucións de toda a comarca permiten manter a cita e cubrir os gastos de organización.
Así, o 100 % do importe das inscricións, tal e como recordaba Iglesias, destinase ás bolsas Carmen Delgado/Miguel Pérez-Mateo da Asociación Española de Cancro de Páncreas , que financian proxectos de investigación sobre este tipo de cancros, mediante unha convocatoria conxunta da Asociación Española de Gastroenteroloxía e a Asociación Española de Pancreatoloxía. A edición de 2025 da carreira de Vilamartín reuniu 951 inscricións e recadou 20.000 euros que se suman aos 1.461.000 euros destinados a 20 proxectos de investigacion a nivel nacional.
Neste senso, Iglesias destacaba a importante reposta e achega valdeorresa, tendo en conta as dimensións das cidaes, xa que, matizaba hai cidades grandes que están neses marxes recadación.
Inscrición e participación
Deseguido interviña Patricia González, quen detallaba todo o relativo ás inscricións e participación na carreira e na andaina. A inscrición pode formalizarse ata o xoves 12 de novembro na web oficial da carreira ou presencialmente ata ese día, dentro do horario comercial, nos locais de Cool Balea, na Rúa; Deportes Trisport, Garoba, Montglam, N37, Pizpireta e Ton y Son, no Barco de Valdeorras; Librería Teresita e Trastos, en Rubiá, e Fimar Consultores, en Vilamartín.
Esta actividade inclúe tres modalidades deportivas non competitivas. A carreira, de 13 quilómetros, e a andaina de 11,5 quilómetros sairán ás 10.00 horas dende o pavillón polideportivo Luis Nogueira de Vilamartín, mentres que a andaina de 7 quilómetros comezará ás 10.30 horas. As tres modalidades terán a saída e a chegada no pavillón polideportivo da zona recreativa do Bañadoiro. Os dorsais poderán recollerse no pavillón o sábado 14 de novembro, de 12.00 a 17.00 horas, e o domingo 15, de 8.30 a 10.00 horas. Ademais, González matizaba que o percorrido nesta edición vai ser máis suave que noutra ocasións.
E, como en a anos anteriores as persoas que desexen colaborar e non podan acudir a Vilamartín poden colaborar co dorsal 0 ou participando na carreira virtual.
Tanto Patricia González como Eva Iglesias confiaban en que a resposta sexa semellante a edicións anteriores e animaban á sociedade a participar e a sumarse este proxecto solidario.
Finalmente o director do Distrito Sanitario do Barco de Valdeorras, Alberto Pedrera, expresaba o seu respaldo a esta carreira e andaina para tratar “de poñer en valor esta iniciativa contra as enfermidades”.
Este evento solidario está organizado pola asociación ACAPAVAL, co apoio da Asociación Cancro de Páncreas (ACANPAN), a Asociación Españonda de Pancreatoloxía (AESPANC) e a Asociación Española de Gastroenteroloxía (AEG) e celébrase baixo o lema “Achegamos a meta”.
Fotos e vídeos: O SIL.