A cidade de Ourense celebra hoxe a festividade do seu patrón, San Martiño, con cultos pola mañá e magosto pola tarde.
Ás 11h. deste mércores 11 de novembro, comezaban a tocar as campás do templo catedralicio, recuperando o toque manual por parte de “Campaneiros galegos Sinos de Bronce”. Media hora despois comezaba a procesión solemne coa imaxe e a reliquia de Santo Martín de Circuítos polas naves da Catedral, acompañados polas gaitas, procesionando tamén os seminaristas, os sacerdotes concelebrantes, o Bispo e a Corporación municipal.
E xa ás 11:45h. iniciba a Solemne Misa Pontifical, en galego, presidida polo noso Bispo e cantada pola Coral De Ruada. Antes da homilía do Bispo, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, realizaba a tradicional ofrenda:

Venerable San Martiño: Un ano máis, reunímonos nesta Catedral Basílica de Ourense, que nos acolle baixo a túa Advocación e venerable imaxe, para pedir a túa protección e custodia para a nosa cidade, e para a devota
veciñanza que te venera como o seu Santo Patrón, dende hai moitos séculos.
Renovamos o voto ancestral en virtude do cal che ofrendamos homenaxe de devoción, fidelidade, e compromiso cos valores que promoviches en vida. Como alcalde desta cidade, elevo a miña voz no nome dos seus veciños, para solicitarche que eses valores que rexeron a túa vida santa, sexan tamén as guías fundamentais da nosa traxectoria en todos os ámbitos, tanto na vida persoal e familiar como no noso
desenvolvemento social.
Ben sabes, Santo Patrón, do gravísimo accidente ferroviario no noso país en datas recentes. Sofre o noso corazón coa dor por esa traxedia, na que por desgraza moitas persoas perderon a vida. Aínda que non ocorreu na nosa terra, sentímolo intensamente como propio.

Ti compartiches a túa capa cun necesitado, dándonos exemplo a todos da túa fraternidade e xenerosidade, na túa vida terreal. Tal e como transmitiches nas túas predicacións, debemos sentirnos irmáns dos nosos semellantes, especialmente de quen sofre.
Glorioso San Martiño, elevamos ante ti unha pregaria unánime á memoria dos falecidos, pola recuperación dos feridos e polo amparo e consolo das súas familias. En poucos días o noso país escollerá aos seus novos gobernantes a través de eleccións democráticas. Pedímosche que ilumines aos que teñen a responsabilidade de gobernar, para que acerten na resolución dos problemas que tanto preocupan ás xentes da nosaterra e, de xeito especial, aos teus protexidos ourensáns.
Nesta data tan sinalada, tamén poñemos baixo a túa protección o labor da institución á que represento.
Que a túa guía nos axude a seguir transformando esta nosa cidade para que avance con paso firme e con decisión cara ao futuro. Que os nosos proxectos culminen con éxito, pero que non sexasoamente unha meta material, senón un benestar que chegue a cada veciño, e a cada barrio.

Querido patrón, hoxe unímonos todos para celebrar o teu día, tamén nas rúas e nas prazas. Dese xeito, rendímosche homenaxe, no disfrute das castañas asadas, do viño, dos chourizos, da música
e do baile. Disfrutando da festa que che adicamos, renovamos tamén os votos, cós que seguimos mantendo a vinculación da nosa cidade co teu santo patronazgo.
O ano que ven, nesta mesma data, os ourensanos seguiremos co compromiso que a cidade de Ourense adquiríu contigo, fai xa quince séculos. Ata entón, confiamos en que teñas en conta as nosas peticións, que estimamos xustas e que seguramente nos concederás; peticións que son coherentes cos valores que ti representas como o noso Santo Patrón.
Ao finalizar a misa o Bispo impartía a bendición apostólica con indulxencia plenaria e tiña lugar a entrega das “Cruces prol Ecclesia diocesana” na súa edición do ano 2026, que se conceden cada ano para recoñecer e agradecer a colaboración de quen, desde as súas responsabilidades profesionais, contribúen á protección dos seus templos, bens e patrimonio.

D. Jesús Antonio Peñas Preckler, Coronel e Subdelegado do Ministerio de Defensa en Ourense, pola súa especial proximidade e dispoñibilidade cara á Diocese de Ourense, así como a súa permanente participación e colaboración nos distintos actos e celebracións organizados pola Diocese, valorando así mesmo a colaboración prestada polas Forzas Armadas españolas en diversos actos organizados pola Diocese e recoñecendo, de xeito particular, os servizos de vixilancia, protección e salvagarda do patrimonio relixioso prestados polo Exército de España durante as situacións de emerxencia provocadas polos distintos incendios que afectaron á nosa provincia, contribuíndo a preservar bens e espazos de especial valor relixioso, histórico e cultural.
D. Rafael Berguillo Esquina, Tenente Coronel e Xefe de la Comandanciada Garda Civil de Ourense pola súa permanente colaboración coa Diocese de Ourense e, de xeito particular, a súa dispoñibilidade e
proximidade en todo cuanto refírese á seguridade dos templos e á protección e coidado do patrimonio diocesano.

D. Juan Castor Vázquez Salgado, Comisario Xefe da Comisaría do Cuerpo Nacional de Policía de Ourense por la permanente colaboración do Corpo Nacional de Policía, baixo a súa responsabilidade, coa Diócese de Ourense, e especialmente a súa implicación en todo cuanto afecta á seguridade dos distintos templos da cidade, así como a súa colaboración nas xestións e trámites necesarios relacionadoscoa acollida de sacerdotes, relixiosos e relixiosas procedentes doutros países que veñen prestar o seu servizo pastoral na Diocese.
D. Juan José López Castro, Capitán da Unidade Orgánica de Policía Xudicial de la Comandancia da Garda Civil de Ourense pola súa especial colaboración, preocupación e dispoñibilidade na investigación e resolución de diversos asuntos relacionados coaprotección do patrimonio artístico e cultural da Diocese
permitindo a recuperación de diverso material artístico pertencente ao patrimonio da nosa Igrexa diocesana, evitando a súa perda ou desaparición.

D. Manuel Borrajo Iglesias, Inspector do Cuerpo Nacional de Policía da Comisaría de Ourense, pola súa traxectoria de servizo e a súa permanente dispoñibilidade e colaboración coa Diocese de Ourense,
especialmente en todo cuanto afecta á seguridade dos distintos templos da cidade, así como a súa colaboración nas xestións e trámites relacionados coa acollida de sacerdotes, relixiosos e relixiosas procedentes doutros países que veñen prestar o seu servizo pastoral na nosa Diocese, querendo expresar, con ocasión da súa xubilación, o agradecemento de la Iglesia particular de Ourense pola súa permanente actitude de colaboración e proximidade.
D.ª María del Carmen Carbajal de la Iglesia, quen movida pola súa xenerosidade e polo seu compromiso coa conservación do patrimonio relixioso, realizou unha doazón de 150.000 euros destinada ás obras de reparación e mellora da igrexa parroquial de Satna María de Quins dunha forma totalmente desinteresada, no seu afán por mellorar o templo parroquial. Esta achega permitiu realizar unha obra necesaria de arranxo de todo o teito do templo así como a limpeza e encintado dos seus muros.

Fotos cedidas.