Pasadas ás seis e media da tarde deste 11 de novembro producíase un accidente de tráfico nas proximidades da rúa Mariñán do Barco. Un vehículo que viña da Urbanización Las Huertas, pola rúa das Areas, en dirección á rúa Mariñán saíase da vía no paso elevado sobre o río Mariñán (fronte ao campo de fútbol de Calabagueiros) e caía no seu cauce.
Afortunadamente, o condutor do coche non sufría aparentemente feridas e lograba saír do vehículo coa axuda doutra persoa que circulaba, tamén en coche detrás del, e que paraba ao ver o sucedido. Aínda así, a persoa accidentada era trasladada ao Hospital Público de Valdeorras para a súa observación.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato a Policía Local do Barco, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e o GES Valdeorras.
Fotos: O SIL.