
Volve a edición de inverno do torneo de fútbol sala Vila do Barco. De novo da man de Adrián Ramos e Rubén Rodríguez (Bencho), a II edición do Torneo de Nadal celebrarase os días 26 e 27 de decembro, xusto despois de Nadal, no pavillón municipal de Calabagueiros.
Ao coincidir coa fin de semana, o torneo comezará o sábado arredor das 9 horas e estenderase ata a unha da madrugada aproximadamente, quedando o mini torneo de base para a mañá do domingo. “Este ano será para as categorías alevín, infantil e cadete con equipos da comarca”, explica Adrián, adiantando que igual que o ano pasado, no torneo sénior esperan contar cunha docena de equipos da zona que terán ata o 18 de decembro para inscribirse por 80 puntos, avanza Bencho, destacando o carácter máis local deste torneo.

Con respecto aos premios, haberá un primeiro de 500 puntos para o gañador; outro de 150 para o subcampión; e un de 80 para o terceiro clasificado. Igual que na primeira edición contan coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras e entregarán unha bolsa con lambetadas aos nenos que participen no mini torneo.
O domingo pola tarde celebraranse as semifinais e a final agardando acabar cara as seis, tal como adiantan os organizadores, destacando que o pavillón conta con calefacción.
