OurenseÚltima horaVídeos

Fin de festa musical con Brañas Folk e Los Satélites, no magosto de Ourense

 

Pasado por auga. Así foi o magosto que na tarde do mércores 11 de novembro se celebraba na cidade de Ourense.

O Concello de Ourense ofreceu de balde todo o menú ás persoas que acudiron á Praza Maior e á rúa do Progreso (Alameda). Ante as fortes chuvias desta xornada, a organización decidía eliminar o prezo de 3 euros previsto inicialmente para os bocadillos de chourizo asado en bolo de masa nai e da bebida (auga e viño). Deste xeito, o público asistente pudo desfrutar de xeito libre dos bocadillos e a bebida, ademais da degustación gratuíta de castañas asadas e a bica.

 

 

Para garantir a comodidade dos asistentes, houbo carpas na Praza Maior, Praza de Santa Eufemia, rúa do Progreso, rúa do Bispo Cesáreo e Avenida de Pontevedra, que se engadiron ás xa previstas para o bar e o reparto de castañas.

 

 

A Festa do Magosto 2026, declarada de Interese Turístico, completaba o seu programa con dúas actuacións musicais. Primeiro o Festival Folk San Martiño, coa actuación dos grupos Ialma e Brañas Folk, coa colaboración de Pancho Álvarez, Susana Blanco e o cuarteto de zanfonas Zarandela, dirixido por Germán Díaz. Finalmente a orquestra Los Satélites poñía o broche.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button