
Na tardiña do 14 de novembro, arredor das seis e media, desprendíanse pedras que formaban parte dunha antiga casa na rúa San Roque, na zona antiga do Barco. A veciñanza sobresaltábase cun tremendo ruído e despois comprobaban como restos desta vella edificación, entre eles grandes cantos rodados, caían na área que ocupaba antigamente (hoxe usada a modo de parque e polo que pasan os veciños) e tamén na propia rúa.
Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais. A rúa foi limpada dos restos caídos e o lugar do derrube está precintado.
Fotos: O SIL.

