DeportesÚltima hora

Os valdeorreses Mateo Valcarce e Paula Cela, nunha xornada de tecnificación de marcha atlética en Santiago

Foto: FGA.

 

Entre os quince atletas que participaban neste sábado 14 de novembro nunha actividade de tecnificación de Marcha Atlética en Santiago de Compostela están dous valdeorreses. Trátase dos marchadores do Club Adas Cupa Mateo Valcarce e Paula Cela.

Esta xornada de formación técnica de especialización e seguimento de marcha atlética estaba organizada pola Federación Galega de Atletismo (FGA) e a Real Federación Española de Atletismo (RFEA), no eido do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva (PNTD) para 2026 da RFEA, e coa colaboración do Concello de Santiago.

Back to top button