Conta atrás para a Carreira e Andaina das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín. Apenas quendan unhas horas para que comece a novena edición desta proba solidaria que se celebrará mañá domingo 15 de novembro a partir das 10 horas.
Na xornada previa, dende as 15:30 e ata as 19 horas deste sábado día 14, membros da organización están no pavillón do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras, entregando os dorsais e mochilas (con camiseta e resto de material). A diferenza doutras edicións, ese ano só se poderán recoller neste horario.
Fotos: Mónica G. Bellver.