A partir das 17:30h. do 14 de novembro poñíase en marcha o magosto popular de San Xoán de Río que, nesta ocasión batía récord de asistencia. Unhas 600 personas sumábanse a esta celebración, que mesturaba a tradición, coa gastronomía local e coa música. “Había máis xente que habitantes”, sinala o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, “batemos récord de asistencia, o máximo que rexistramos en magostos anteriores eran unhas 350”.
O magosto, que se desenvolvía no pavillón municipal, incluía un menú propio destas datas de outono, a base de chourizos, panceta, castañas, bica, pan e viño. A entrada tiña un prezo de 3 euros.
Ademais o ambiente estaba animado pola actuación musical do grupo valdeorrés Son do Sil.
Fotos e vídeo cedidos.





