
Na tarde deste luns 16 de novembro os servizos de emerxencia evacuaban en helicóptero a un home que caera dunha escada nunha granxa en Sandiás, tal como indican dende o 112 Galicia que tiña constancia deste suceso contra as 13 horas, a través dun particular que “acababa de presenciar como un home caía dunha escada nunha granxa da parroquia de Santo Estevo de Sandiás”.
Con esta información os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaban a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Sandiás.
“O equipo sanitario estabilizou ao ferido no lugar dos feitos, tralo que foi evacuado no helicóptero medicalizado con base en Ourense, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061”, confirman dende o 112.