
O Concello do Barco vén de colocar esta tarde unha bionda na zona na que nos últimos días se producían dous accidentes de tráfico co resultado de caída dun vehículo ao río Mariñán. Dende o Concello tamén se indica que planificou, así mesmo, o reforzo da iluminación da zona proxectando a colocación de tres novos puntos de luz que melloren á visibilidade dos conductores nesa área.
Fotos cedidas.
