OurenseÚltima hora

Nova entrega do “bono de benvida” do Concello de Parada de Sil

 

No ano 2025 o Concello de Parada de Sil aprobaba a posta en marcha dun bono de benvida para os bebés nacidos de familias que estivesen empadroados neste municipio. O bono son 1.500 euros en tres anualidades e este ano 2026 as familias de catro nenos e nenas colleron os segundos cincocentos euros que lles correspondían.

Como no concello naceu Özgür fillo dunha dunha parella formada por unha xoven veciña de Parada e do seu compañeiro cubano, o alcalde Aquilino Domínguez quixo facer entrega persoalmente do bono de 500 euros de benvida no día de hoxe.

O rexedor facía fincapé en que “esta é unha das moitas axudas que o Concello ten en marcha como os campamentos fora de curso escolar, nadal, semana santa ou o uso en réxime de aluguer de vivendas sociais rehabilitadas en casas en ruínas que xa están ocupadas, cinco en Fondodevila, dúas en Caxide e última en Edrada, esta ocupada por unha familia xoven procedente de Barcelona con dou nenos pequenos”.

Back to top button