ConcellosO BarcoÚltima hora

A Asociación de Amas de Casa O Teixadal, do Barco, celebra o seu magosto arredor dunha doce merenda

 

En terra de castañas e en plena tempada, o magosto é unha das tradicións máis arraigadas no rural ourensán, con xuntanzas ao longo e ancho da provincia. Na comarca de Valdeorras son moitos os magostos que se celebran, algúns de carácter municipal, organizados polos concellos, e outros de carácter asociativo.

Este último é o caso da Asociación de Amas de Casa O Teixadal, no Barco, que se mantén fiel a cita e na tardiña deste xoves 19 de novembro celebraba a súa xuntanza, cunhas 40 socias, arredor duha suculenta merenda no local que teñen na Casa do Chao. Non faltaron os chourizos cocidos, o Lambrusco, as castañas recén asadas e por suposto os tradicionais doces caseiros.

Sempre cambiando, nesta ocasión o postre estaba formado por tiramisú, roscas e lazos de follado con chocolate.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button