OurenseÚltima hora

DevoraJALYS, a actividade con maior afluencia na xornada do sábado en Xantar (Expourense)

 

Aínda que cun intenso programa de showcookings e catas comentadas, a xornada de sábado en Xantar estivo máis orientada xa á visita de público xeneral que se achegaba ao salón para coñecer novos destinos, participar nas degustacións e comer ou cear nun dos restaurantes. Con todo, a actividade cunha maior afluencia foi a cuarta edición de DevoraJALYS, o concurso organizado por Patacas Fritas JALYS consolidándose como unha das actividades máis divertidas e multitudinarias da feira gastronómica.

O hall de Expourense encheuse de público disposto a desfrutar dun espectáculo no que máis de 30 valentes participantes aceptaron o desafío para comer o maior número posible de patacas fritas JALYS en tan só 60 segundos. Entre nervios, risos, emoción e moita expectación, os concursantes demostraron a súa habilidade e rapidez ante un público entregado que non deixou de animar durante las diferentes roldas de competición. A gran afluencia de espectadores confirmou o crecente interese que esperta DevoraJALYS, unha iniciativa que ano tras ano gaña seguidores e que, nesta cuarta edición, apostou por un espazo de maior capacidade para dar resposta ao éxito de convocatorias anteriores.

 

 

Tras unha intensa competición, na que os participantes tiveron que demostrar quen era quen de comer máis patacas fritas JALYS nun minuto, o concurso proclamou ao seu gran gañador de la cuarta edición, alén de recoñecer ao segundo e terceiro clasificado.

Gañador de DevoraJALYS IV: Brandon Diaz Torres
2º posto: Manuel Fernández González
3º posto: Keyfer Terán

Os tres primeiros clasificados recibiron os seus correspondentes premios, poñendo o broche de ouro a unha competición marcada pola emoción, o bo ambiente e a diversión.

Así e todo DevoraJALYS non foi unicamente unha competición para os seus participantes. O público asistente tamén tivo un papel protagonista durante toda a celebración. Ao longo do evento repartíronse numerosos premios e agasallos entre os espectadores, convertendo a xornada nunha auténtica festa en la que non faltaron as sorpresas, os risos e a participación do público.

Esta aposta por facer desfrutar tanto a concursantes como a espectadores volveu ser un dos grandes atractivos de DevoraJALYS, ofrecendo unha experiencia que vai moito máis alá do propio concurso.

Back to top button