PolíticaÚltima hora

José González e Gabriel Alén reúnense con empresarios valdeorreses no marco da campaña do PP

 

No marco da campaña electoral das eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro, os representantes do PP José González e Gabriel Alén visitaban a comarca de Valdeorras. Así, durante a mañá Gabriel Alén, acompañado de membros locais do partido facía un reparto de propaganda pola vila do Barco e, xa pola tarde, reuníase, xunto con José González, cos empresarios valdeorreses no polígono industrial da Raña, que lle transmitían as súas demandas e problemáticas.

“Basicamente son cuestións que teñen que ver coa falta de man de obra e o aquí queriamos explicar o que se está a facer para tratar de paliar esa situación; e tamén falar de cuestións como o benestar laboral, o absentismo,… temas que afectan ao emprego ou que teñen que ver co el. É moi importante escoitar cales son as súas inquedanzas co ánimo, na medida do posible, de ilas solventando”, dicía José González, conselleiro de Emprego.

Pola súa banda, Gabriel Alén, director xeral de Comercio da Xunta, aludía ao dinamismo das asociacións de comerciantes de Valdeorras, e explicaba que nesta visita veñen a escoitar tamén as súas necesidades e a pedir “apoio para o Partido Popular e o noso presidente Alberto Núñez Feijóo, un ourensán que temos a opción de que chegue a presidente do Goberno”.

 

 

Ademais, Alén comentaba que no seu percorrido durante a mañá polos comercios do Barco “recollimos moitas iniciativas e problemáticas. En gran medida as dificultades que están a pasar moitos dos comercios, igual que moitas das empresas neste país, sobre todo coa alza en positivo. Como é ben sabido unha das propostas do PP é as reducción de impostos (IRPF, IVE e demais)”.

 

 

No encontro cos empresarios tamén participaba a alcaldesa de Carballeda e deputada provincial do PP, María Carmen González, quen aseguraba que “estamos revivindo problemas do pasado porque chegamos ata onde nos levaron, por iso con ilusión vimos a pedirvos o apoio masivo o domingo ata onde vos poidades chegar porque o país peor non pode ir. Imos intentar melloralo. Confiade e nós e no noso presidente que para iso é de Ourense, concretamente dos Peares. Non son unhas eleccións máis, son preocupantes e necesitamos non quedar na casa. Tivemos tempos mellores e queremos volver a recuperalos. Nestas eleccións non hai que ver as cores senón o país e como está”.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button